Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Iago Castro comeza situando Cantares gallegos no seu contexto histórico-cultural e nega a súa consideración folclórica. Para o estudoso, a maior transgresión de Rosalía de Castro estaría xa no prólogo do libro ao rexeitar "a escrita en castelán cos temas e o metro da corte". Este aspecto difuminou outros tamén relevantes e suscitou o intento de apropiarse do capital simbólico da poeta, así como as lecturas parciais e interesadas.

Engade Castro Buerger que determinadas etiquetas reduciron os matices da produción de Rosalía. Por iso o seu traballo estará centrado no feminismo a partir dunha perspectiva metaliteraria (os seus ensaios) e outra intratextual (os seus poemas). Finalmente, deduce desta análise outras transgresións da escritora pois atacaría o canon da escrita e do comportamento femininos.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org