Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Artigo que percorre a liñaxe poética máis sobranceira da literatura galega, tomando como partida a Escolma de familia (Cen anos de poesía) (2000), que preparou o amigo da casa e poeta Xavier Rodríguez Baixeras, volume que antologa a obra de Emilio Álvarez Giménez (1830- 1911); do seu fillo Xerardo Álvarez Limeses (1871-1940); dos sobriños deste, Emilio Álvarez Blázquez (1919-1988) e Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985); de Emilio Álvarez Negreira (1926-2002); para rematar nos fillos de Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María (n. 1950), Alfonso (n. 1952) e Celso Álvarez Cáccamo (n. 1958), que pecha polo de agora a liñaxe, todos tres autores dunha obra poética aínda aberta, na que sobrancea con luz propia a de Xosé María, un dos poetas máis representativos da promoción dos 80. Analízanse os vasos comunicantes nestas catro xeracións, como a presenza da natureza, no uso do humor e nas referencias á propia familia. Finalmente, o artigo céntrase na presenza da propia estirpe na obra poética completa (e aínda inconclusa) do mellor poeta desta liñaxe, Xosé María Álvarez Cáccamo.

 
villar_2008_alvarez.pdf (.pdf 346 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org