Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alúdese ao intento de restaurar o significado da obra de Rosalía de Castro desde hai décadas. A pesar dos avances, Xabier Cordal sinala os prexuízos sobre a poeta e sobre o país e exemplifica a opinión de autores, galegos e non galegos, que exaltaron o suposto "lirismo campesiño" e a "poesía folclórica" de Rosalía.

A continuación, Cordal céntrase na biografía e no contexto da poeta e comenta o sentido de Cantares gallegos. Segundo o autor do traballo, Rosalía instálase na oralidade e escribe desde dentro do pobo mediante a glosa e a reapropiación dos cantares populares. O estudoso conclúe felicitándose polo feito de que sexa unha muller a fundadora do sistema literario galego.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org