Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Despois de citar o labor polifacético de Fermín Bouza Brey, abórdase o seu interese por Rosalía de Castro como símbolo de Galicia e mito nacionalista, como obxecto de estudo e como motivo poético.

Como símbolo e mito nacionalista, segundo Carmen Blanco, Bouza Brey usou a denominación valorativa masculina na liña androcéntrica xeracional que vai dende o século XIX ata os anos oitenta do XX (cando o pensamento feminista ampliou o seu sentido). Para o autor, Cantares sería un libro moi importante na literatura galega e o matrimonio de Rosalía con Murguía tería gran transcendencia histórica. En canto a Rosalía como obxecto de estudo,  Bouza Brey ocupouse da súa biografía e da recuperación dos seus textos en prosa e en verso. Por último, como motivo poético –para a estudosa- Bouza recrea e interioriza nos seus textos poéticos e narrativos a imaxe dunha Rosalía nai e sufridora pero tamén símbolo galeguista. A máxima expresión desta dedicación sería o proxecto fanado A rosa de cen follas en colaboración con Ramón Otero Pedrayo.

 
blanco_1992_rosalia.pdf (.pdf 1.8 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org