Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Villar, Miro (2010)
"Saudade e emigración na poesía de Antón Zapata García"
Estudos Migratorios. Revista Galega de Análise das Migracións: II. 1, (20/09/2010). pp. 167-190.
Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

O artigo percorre as liñas temáticas da saudade e da emigración na obra poética de Antón Zapata García (Laxe, 1886 – Bos Aires, 1953), alén de ofrecer unha breve biobibliografía, con especial relevo da súa intensa actividade social e cultural dentro da colectividade galega na Arxentina. Nos versos salienta o seu autobiografismo, xa que en moitos dos textos o eu poético é un trasunto do propio poeta que expresa as súas vivencias persoais. Malia a heteroxeneidade e a ausencia de unidades temáticas, existe unha trabe simbólica que alicerza a estrutura do libro A Roseira da Soidade e que xa se intúe desde o propio encabezamento, no que se simboliza a perda.

Bibliografía secundaria sobre:
Zapata García, Antón; emigración.
 
villar_2010_zapata.pdf (.pdf 494 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org