Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Villar, Miro (2008)
"Rosalía de Castro na obra de Antón Zapata García"
Revista de Estudos Rosalianos: 3, pp. 173-197.

Análise da presenza de Rosalía de Castro na obra de Antón Zapata García despois dunha breve nota biográfica do poeta de Laxe. O estudo céntrase en dous poemas aparecidos en revistas da emigración bonaerense: “A Rosalía de Castro” en Suevia (1913) e “Rosalía de Castro” en Compostela (1941-1944) e Galicia (1952) [versión incluída no libro A Roseira da Soidade (1954)]. Miro Villar tamén anota a pegada rosaliá noutros fragmentos de poemas e nos diferentes actos públicos do poeta na colectividade galega, así como na prosa en castelán e no epistolario con José Vidal García en 1935 ou Xosé Filgueira Valverde en 1936. Un anexo compila os poemas onde aparece Rosalía.

Bibliografía secundaria sobre:
Castro, Rosalía de; Zapata García, Antón.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org