Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Texto correspondente á intervención oral de Arturo Casas para presentar o primeiro libro de poemas de Xoán Abeleira en lingua galega. Destácanse certas dimensións retóricas, estilísticas e discursivas vinculadas ao oficio de tradutor de poesía de Abeleira. Xunto a isto, unha predisposición singular á exploración rítmica e imaxinaria da lingua, dificilmente previsíbel no panorama da poesía galega daquela altura. O crítico centra a atención nas metáforas, nas xeminacións e nos xogos hipogramáticos de Abeleira, asociados ao que se postula como posíbel lema poético do libro: o ocultarse uns seres dentro de outros como procedemento lúdico, erótico e cognoscitivo. Os amantes, de xeito especial. Pero igualmente outras entidades vivas ou imaxinadas. E asemade as propias palabras e os discursos, agochados e reiterados, rastrexados e asediados nun proceso de linguaxe en relación co cal se apela ao pensamento de Maurice Blanchot.

 
casas_2001_abeleira.pdf (.pdf 355 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org