Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Edición dixital do especial dedicado polo xornal El Ideal Gallego ao Día das Letras Galegas 2011.

Metadatos: Pereiro, Lois; Día das Letras Galegas; Seara, Teresa; Valcárcel, Xulio; Requeixo, Armando; Araguas, Vicente; Nogueira, María Xesús; Cochón, Luís; Veiga, Eva; Dacosta, Henrique; poesía e marxinalidade; poesía e contracultura; cultura institucional.

Observacións:

O monográfico inclúe reportaxes, entrevistas e textos ensaísticos de distinto perfil. Tras unha introdución titulada "Lois Pereiro. A furia necesaria", ofrécense distintos artigos encamiñados a informar ou reflexionar sobre aspectos específicos e complementarios da traxectoria literaria de Lois Pereiro. As achegas van asinadas por Teresa Seara ("Manual de desobediencia"), Xulio Valcárcel ("Un poeta diferente"), Luís Cochón ("O foulard de Isadora Duncan"), Eva Veiga ("A porta aberta"), Vicente Araguas ("Día de festa aínda"), Armando Requeixo ("Red Lois, proud Lois, sad Lois", Henrique Dacosta ("Cartografía do desacougo") e L. A. ("Palabras para un poeta"). Ademais, Francisco Xosé Castiñeiras González realiza unha entrevista á profesora María Xesús Nogueira, so o título "Paisaxes posindustriais". Completa a publicación a información sinóptica das novidades bibliográficas aparecidas en 2011 en torno ao autor homenaxeado. Para alén de distintas fotografías e imaxes relacionadas con Pereiro, o deseño do monográfico inclúe poemas ou fragmentos da obra do autor nas marxes de cada páxina.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org