Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Edición dixital do suplemento "Contexto" que Xornal de Galicia publicou o 15 de maio de 2011 para conmemorar o Día das Letras.

Metadatos: Pereiro, Lois; Día das Letras Galegas; poesía e contracultura; cultura institucional; poesía e marxinalidade; Rivas, Manuel; Pereiro, Xosé Manuel; Martínez, Iago; Ramos, Alberto.

Observacións:

Suplemento monográfico con 32 páxinas. Corresponde á serie "Contexto" e está dedicado na súa integridade a Lois Pereiro e a súa obra, con información complementaria sobre a súa biografía e cronoloxía. Foi coordinado por Iago Martínez, autor ademais xunto con Alberto Ramos do artigo de presentación que precede a un "Editorial". O deseño do suplemento é de María Sabarís e a maquetación corresponde a Iria Gianonatti e Silvia Cancela. Recóllense análises, estudos, recensións e semblazas asinados por Gonzalo Canedo, Iago Martínez (autor de varios traballos, un deles sobre os referentes musicais do poeta), Alberto Ramos (tamén con varios artigos), Roberto Varela, Antón Lopo, Bárbara G. Vilariño, Marcos Calveiro, Jonathan Dunne, Daniel Salgado, Antón Reixa, Alexandre Cancelo, José Manuel Sande, Antón Patiño, J. Luís Calvo e Carlos Gegúndez. Iago Martínez é así mesmo autor dunha entrevista conxunta a Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, con fotografías de Amador Lorenzo. O suplemento incorpora fotografías de Lois Pereiro, algunhas familiares ou con amigos, outras -as máis coñecidas- debidas a Vari Caramés, Ramón Raíces, Nacho Santás, Xurxo Lobato, Fernando Saco e Xosé Abad. Algunhas destas últimas aparecen comentadas polos propios fotógrafos.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org