Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Tese de doutoramento que estuda a poesía en galego de Antón Zapata García. O traballo, dirixido por Xesús Alonso Montero, atende tres vertentes básicas: a biografía e o contexto sociocultural da vida do autor (1886-1953), tendo en conta o referente da emigración galega a Arxentina; a análise da súa obra poética en galego, con atención a aspectos historiográficos, métricos e estilísticos e á xénese e recepción de A Roseira da Soidade (único libro publicado como tal, en 1954); a edición crítica da obra poética completa en galego, que inclúe, para alén do libro mencionado, composicións publicadas en distintos medios. A tese complétase cunha serie de anexos en que son recollidos a obra en castelán de Zapata, a súa produción en prosa (tanto en galego como en castelán), o epistolario relacionado co escritor, debuxos da súa autoría e textos fundamentais sobre a súa figura e obra. Ademais, no apartado "Apéndices" foron compilados distintos documentos e fotografías relacionados coa biografía de Zapata.

Segundo o autor do estudo, os aspectos básicos da poética de Zapata atinxen o cultivo dunha poesía axustada aos metros clásicos e o protagonismo específico da poesía social en chaves progresistas, mais con distintas aperturas para vertentes intimistas, paisaxísticas e costumistas.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org