Repaso da produción poética de Antón Lopo a propósito da exposición Dentro (2006) e da perfornance Co ceo a costas (2006) do propio Lopo e Iván Prado. Aténdese a dous procedementos frecuentes na obra do autor: a narratividade serial que multiplica os protagonismos e desdebuxa calquera noción de eu ou de suxeito e a contigüidade metonímica de episodios fragmentarios desenvolvida como montaxe narrativa. Nesta poesía os referentes creban como entidades firmes. Suxeitos e obxectos intercambian funcións. Aparece como indeterminado quen observa (describe / relata / di) quen. Isto sería perceptíbel en particular a respecto dos corpos e do desexo. A opción de Lopo é por unha poética deconstrutiva e posliteraria que se abeira ao tráxico malia presentarse a miúdo apenas como unha especie de costumismo irónico.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org