Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Algueirada (2011)
"Vento Lois no Incio"
47 minutos e 17 segundos





Descrición: Vídeo que recolle a homenaxe a Lois Pereiro celebrada no Incio o 30 de abril de 2011, con motivo da súa designación como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. O evento consistiu nun roteiro literario por determinados lugares vinculados á biografía do poeta, como a casa familiar, a escola ou o cemiterio de Santa Cristina do Viso. Ao longo do percorrido combináronse as intervencións de persoeiros como Xosé Manuel Pereiro, Miguel Anxo Mato Fondo, Antón Reixa, Antón Patiño, Xurxo Souto ou Manuel Rivas coa lectura de poemas de Pereiro. Finalmente, recóllese a presentación do proxecto musical Oito cancións para oito poemas (Zouma Records, 2011) e mais a intervención do cantautor Manu Clavijo.

Tipo de video: Vídeo informativo

Fonte: blogaliza.tv / youtube.com

Metadatos: Pereiro, Lois; Vento Lois; Día das Letras Galegas; poesía e contracultura; poesía punk; Pereiro, Xosé Manuel; Mato Fondo, Miguel; Reixa, Antón; Patiño, Antón; Souto, Xurxo; Rivas, Manuel; Clavijo, Manu.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org