Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Algueirada (2011)
"Homenaxe a Lois Pereiro no antigo Cárcere Provincial da Coruña"
37 minutos e 12 segundos





Descrición: Vídeo que recolle o concerto e o recital poético en homenaxe a Lois Pereiro celebrado na Coruña o 12 de maio de 2011. O evento celebrouse no recinto do antigo Cárcere Provincial e inseriuse na serie de actividades do programa Vento Lois, desenvolvido no ano en que o Día das Letras Galegas lle foi dedicado ao poeta. Con presentación de Xurxo Souto, o acto foi introducido por Manuel Rivas, que estabeleceu os vínculos entre as posicións literarias e sociais de Pereiro a partir da súa Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia (1996). Con posterioridade, desfilaron polo escenario os grupos musicais Ultraqäns e Loretta Martin, así como os poetas Cesáreo Sánchez Iglesias, Antía Otero e Xulio López Valcárcel, que leron poemas do autor homenaxeado.

Tipo de video: Vídeo informativo

Fonte: blogaliza.tv / youtube.com

Metadatos: Pereiro, Lois; Vento Lois; Día das Letras Galegas; Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia; Souto, Xurxo; Rivas, Manuel; Sánchez Iglesias, Cesáreo; Otero, Antía; López Valcárcel, Xulio.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org