Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Algueirada (2011)
"Día das Letras Galegas 2011: Acto conmemorativo na honra de Lois Pereiro"
38 minutos e 10 segundos





Descrición: Vídeo que recolle o acto conmemorativo dedicado a Lois Pereiro o 17 de maio de 2011, en Monforte de Lemos. Na montaxe ofrécense imaxes do percorrido da comitiva oficial cara á Casa da Cultura, así como o substancial da sesión plenaria extraordinaria da Real Academia Galega. A gravación recolle as intervencións dos académicos Manuel Rivas, Margarita Ledo Andión, Darío Xohán Cabana, Antón Santamarina e Luz Pozo, que reflexionan sobre distintos aspectos da traxectoria e da poética de Lois Pereiro, como o seu compromiso social, a conexión cos movementos culturais contemporáneos, a presenza dun alento comunal ou a conformación da súa lingua literaria. Pechou o acto o eloxio do presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín, que leu o poema "Acróstico".

Tipo de video: Vídeo informativo

Fonte: blogaliza.tv / youtube.com

Metadatos: Pereiro, Lois; Día das Letras Galegas; Real Academia Galega; Rivas, Manuel; Ledo Andión, Margarita; Cabana, Darío Xohán; Santamarina, Antón; Pozo Garza, Luz; Méndez Ferrín, X. L.; poesía e compromiso; poesía dos 80; poesía existencial; poesía e contracultura; institución literaria; institucionalización.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org