Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Bal, Jesús (1927)
"La nueva generación (I)"
El Pueblo Gallego: 961, (04/03/1927). pp. 1.

Primeira entrega dunha serie de tres artigos de Xesús Bal y Gay sobre a chamada "nova xeración". O autor reflexiona, a propósito dunhas columnas publicadas por Dieste no mesmo xornal, sobre a dinámica das xeracións literarias. Desde a súa perspectiva, é natural a diverxencia de pensamento entre persoas de diferentes xeracións. Porén, se esa discrepancia non se canaliza convenientemente, queda reducida a unha reacción baleira. A posición dos integrantes da nova xeración é delicada pois, se nalgún aspecto coinciden cos "vellos", serán criticados polos seus coetáneos e, se mostran o seu desacordo con algún feito pasado, atoparán a hostilidade dos maiores. Bal remata o artigo cunha chamada ao entendemento e á colaboración.

Bibliografía secundaria sobre:
xeración de 1925; Dieste, Rafael.
 
bal_1927_xeracion_1.pdf (.pdf 784 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org