Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Franco Grande, Xosé Luís (2001)
"A volta de Ulises"
1 minuto e 26 segundos



xlfranco_voltaulises.mp3 (.mp3 680 Kb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume Poetas e narradores nas súas voces, coordinado por Luísa Castro e publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2001).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Observacións:

A VOLTA DE ULISES

 

A Elsie e Ernesto Guerra Da Cal


Porque ninguém jamais regressa do desterro
á mesma terra que deixou
                                          E.G. Da Cal


Val la pena tornare, magari diverso.
                                          Cesare Pavese


Despois de tantas voltas e traballos,
a Ítaca volve Ulises.

Mentres a auga salgada a proa fende
e poucas millas quedan xa para Ítaca,

Ulises pensa e cisma
e no caletre encéndenselle imaxes
de figos de ouro baixo a luz do outono,
de viñas en socalcos,

de borboletas tolas sobre os trigos,
de zocas tringueleando polas rúas,
da fonte aquela de auga cantareira...

A Ítaca chega, ó cabo,

Todo cambeou e nada se asemella.
Empeza a comprender:
comprende que Penélope murchara
e que ningún dos dous
faga por atopa-la ollada do outro.

Ulises sabe agora moitas cousas:
que case todas pasan –Panta rei!–,
que o tempo múrchaas ó pasar por elas;
pero tamén que algunhas permanecen
e seguen aínda máis alá de nós.

Se dixo: Panta rei!,

moi logo pensa que Ítaca non pasa,
que Ítaca é coma o tempo,
que pasa, pero que ó pasar se anova.


Ulises amudece, pensa e dí:

"–Voltar a Ítaca foi a miña vida.

Porque puiden tornar agora sei
que Ítaca, coma o tempo, é inmortal.
Todo queda pechado e bate xusto.
A miña volta xa non foi en van!"


[Herdo de memoria e tempo. Vigo: Xerais, 1987]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org