Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Bermúdez, Silvia (2002)
"De La ansiedad de la influencia a los Diálogos con Rosalía: hablemos de relaciones intrapoéticas en la literatura gallega"
En Raquel Medina e Barbara Zecchi (eds.).
Sexualidad y escritura: pp. 281-294.
Barcelona: Anthropos.

Comentario da teoría sobre a influencia rosaliana na poesía de Luz Pozo Garza, que esta poeta defendeu no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, titulado significativamente Diálogos con Rosalía. O achegamento a ese traballo faise a partir do contraste das teorías de Luz Pozo e as de Harold Bloom a propósito das influencias, que fronte á visión patriarcal e de loita entre pais e fillos do estadounidense, se perfila na poeta como unha conversa entre nais e fillas dentro da xenealoxía feminina da literatura galega que ten como mascarón de proa a Rosalía de Castro. A partir do "Poema en cinco lembranzas pra Rosalía", Silvia Bermúdez dá forma a unha lectura da que sae reafirmada a idea de que Rosalía é a interrogante por excelencia na literatura galega, razón pola cal as poetas galegas contemporáneas seguen a falar de/con ela.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org