Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Recensión de Casa de orfas de Emma Pedreira na que, en primeiro lugar, se debullan os motivos temáticos recorrentes na autora como o corpo, o mito, a denuncia social, o erotismo, a introspección ou a reivindicación do suxeito-muller. Neste caso, o poemario céntrase en dous motivos, e cada un deles protagoniza unha parte do libro: son as tituladas "As orfas" e "A casa e o corpo", actuando a figura da muller como nexo de unión.  As orfas, agrupadas aquí nun catálogo de modelos femininas procedentes tanto da literatura coma da realidade cotiá, son as que se reinventan coa escrita porque o fan partindo de cero. Na segunda parte o motivo temático da casa, fusionado ou identificado co do corpo, permite construír un mapa de emocións duplo no que conflúen as colectivas e as persoais. 

 
seara_2005_pedreira.pdf (.pdf 400 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org