Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

A autora revisa a produción poética de 2005 constatando a súa falta de protagonismo na actualidade literaria, o inocuo de moitos dos títulos publicados, a escaseza e marxinalidade dos autores novos, e a perda de protagonismo das mulleres. Un percorrido polo ofrecido por premios e coleccións permite reabrir cuestións como a desproporción entre o seu exceso numérico e os cativos resultados estéticos, ou a necesidade de repensar o concepto mesmo de colección. Dende un punto de vista temático, esta panorámica sinala o predominio de modelos formalistas, decadentistas e paisaxistas, así como da poesía política. Finalmente, consíderase o feito de que o trinta por cento do total de textos de poesía non sexan novos en sentido estrito senón escolmas, reedicións, etc. como unha mostra máis da incerteza do xénero.

Bibliografía secundaria sobre:
colección Poeta en Compostela; Translittera; colección Dombate; colección Tambo; Libros da Frouma; Espiral Maior; premios; Romaní, Ana; María do Cebreiro; Lado, María; Riveiro Tobío, Elvira; Aldao, Lucía; Cociña, Olalla; Premio Avelina Valladares; Rodríguez Oxea, Sabela; Reigosa, María; colección Letra Inversa; Méndez, Rosa; Veiga, Eva; Pozo Garza, Luz; Gómez, Lupe; Premio Johán Carballeira; Premio Lorenzo Baleirón; Torres, Xohana; Méndez Ferrín, X. L.; Premio Losada Diéguez; Raña, Román; Premio Caixanova; Premio da Crítica Española; Premio Esquío; Veiga, Martín; Outeiriño, Manuel; Alonso, Xurxo; Premio Concello de Carral; Premio Bouza Brey; Prestige; L. Dobao, Xosé Antón; Lema, Rafael; Miranda, Xosé; Paz, Xabier; Fernández Naval, Francisco Xosé; Neves, Kiko; Pensado, Suso; Premio Uxío Novoneyra; Insua, Emilio Xosé; Premio Antonio Prados Ledesma; Blanco, Ramón; Ramos, Baldo; López Ardeiro, Xosé M.; Domínguez Rey, Antonio; Gómez Alfaro, X. C.; Marqués Gil, Serafín; Premio Cidade de Ourense; colección Leliadoura; Estévez, Eduardo; Losada, Basilio; González Gómez, Xesús; Graña, Bernardino; Creus, Estevo; Lopo, Antón; Castaño, Yolanda; Fonte, Ramiro; Araguas, Vicente; Pondal, Eduardo; Os Eoas; colección Arte de Trobar; Tovar, Antón; Valcárcel, Xulio; González Garcés, Miguel; Varela, Lorenzo; Seoane, Luís; Ano da Memoria; Pita, Emilio; Álvarez Blázquez, Emilio; Casas, Álvaro de las; Fernán-Vello, Miguel Anxo.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org