Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (2008)
"Estudo preliminar" [ao libro Os Poetas galegos (1936): antoloxía consultada de Xosé Filgueira Valverde]
En Ana Acuña, Xesús Alonso Montero (eds.).
Os Poetas galegos (1936) : antoloxía consultada: pp. 15-82.
Pontevedra: Museo de Pontevedra / Sociedad estatal de conmemoraciones culturales.

Estudo preliminar de Xesús Alonso Montero á Antoloxía consultada comezada por Xosé Fernando Filgueira Valverde en 1935 e inédita dende entón. En primeiro lugar, Alonso Montero analiza a figura do antólogo e as súas achegas como profesor de literatura, investigador literario, medievalista, conferenciante e polígrafo. A continuación, o estudoso aborda a xénese e o contido da antoloxía da poesía galega encargada polo Seminario de Estudos Galegos a Filgueira Valverde (o título, a bibliografía, o "inquérito";, as respostas dos poetas, o código lingüístico) e compáraa coa segunda antoloxía consultada (a de Francisco Fernández del Riego). Finalmente, no apéndice, Alonso Montero redacta un dicionario dos 32 autores que figuran na Antoloxía consultada da poesía galega entre 1935 e 1936 e expón os criterios de edición.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org