Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

A autora do artigo considera que Contra Maquieiro é o poemario máis abertamente político de Ferrín, dimensión esta que non se articula só no plano semántico senón que asenta no uso de determinadas estratexias enunciativas e xenolóxicas que fan que a obra se afaste con rotundidade dos estereotipos máis banais da literatura civil. Se a subversión da voz, que refuga o rexistro do lirismo introspectivo, é altamente orixinal non o é menos o uso dos xéneros literarios, ben escollendo modalidades pouco explotadas (como a epopea ou o pranto), ben subvertendo ou parodiando as canónicas (como acontece coa elexía e a sátira respectivamente).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org