Coméntase o poemario como unha lectura da cidade d'A Coruña como espazo físico e espazo social, como memoria e presente. A partir da textualización da cidade, esta convértese en experiencia individual pero tamén en campo de representación para a análise dos discursos do poder que determinan a sociedade. Recoñecible na súa singularidade, A Coruña eríxese ao tempo en metáfora de moitas outras cidade de tal xeito que En concreto se constitúe como unha proposta para as cartografías poéticas da(s) cidade(s) no ámbito da poesía galega contemporánea.
 culturagalega.org
      Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada 
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
      
        Consello da Cultura Galega
        Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
        Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org