Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Álvarez Cáccamo, Xosé María (2000)
"A chúvia era de guerra"
2 minutos e 23 segundos





Descrición: Gravación pertencente ao volume Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2000).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

 

A CHÚVIA ERA DE GUERRA

A chúvia era de guerra. Eu xa non tiña nome e choraba no centro das explosións azuis.

Detido fronte ás láminas dun océano aberto sobre a praia de escoura

sentin pasar un barco que viña desfondado, ardendo sen destino. E perguntei por ti, silenciosa, senlleira, porcelana nocturna,

corpo branco ferido. Na noite da primeira celebración sen voz

recoñecín o leito como se fose meu, e dixen: "Esta alcoba..."

Do sul viña unha luz como de fondo de auga. A casa esmorecia ocupada de páxaros e neve de salitre.

Nun xardin de domingo, detrás da flor dos cedros, sentimos a hora morta dunha vida imposíbel. Polas prazas queimadas

baixaban rios quietos e os nenos extraviados recitaban un número. Eu fuxia de ti

e regresaba sempre con botellas, enigmas e palabras de lacre.

O tempo limitaba coa estación das perpétuas flores secas de marzo. Ti sabias o tempo

do final dese amor. Escoitabas o rio mentres eu, desnortado, preso de outras memórias,

morria fronte ás láminas dun océano roto.

Destinada a un planeta de ollos cegos azuis, nunca puden saber a flor da tua lenda,

porcelana nocturna que vivias desperta nas areas delgadas do alto da mañá

e cantabas espida, sorprendente, infeliz.

Qué foi do teu vagar polas veigas queimadas? Cómo lembras o riso con que te despertei e as tres palabras mortas que usei para marchar?

 

Daquel amor conservo unha brétema en gasas que soben das enchousas, a bolboreta gris, asas rotas de orballo contra os cristais de outono,

e un instrumento exacto para medir ós ángulos

da luz e da memória. Dentro de min, siléncio, cópia do teu siléncio, criatura imposíbel, flor de xelo no ar.


[O lume branco. A Coruña: Espiral Maior, 1991]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org