Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Comesaña Besteiros, María (2005)
"Aproximación á representación do xénero na poesía galega de muller: Emma Pedreira, Yolanda Castaño e Lupe Gómez"
Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos: 2005, pp. 48-63.

A partir das teorías de J. Butler e T. Laqueur o artigo revisa os conceptos de sexo e xénero, e o de performance como autorrepresentación do suxeito. Estas consideracións preliminares alicerzan a análise dos discursos das poetas galegas dos 80 e, sobre todo, dos 90, con especial atención á produción de Emma Pedreira, Yolanda Castaño e Lupe Gómez. O obxectivo é poñer de manifesto como estas autoras abren a porta a novas concepcións do(s) corpo(s) feminino(s) como paso previo á reivindicación dun novo suxeito feminino que ocupa unha posición central no discurso poético de todas elas.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org