Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Castro Buerger, Iago (2004)
"Os alófonos fantásticos. Poemas descoñecidos de Álvaro Cunqueiro"
Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos: 2004, pp. 30-39.

O artigo rescata, de entre as numerosas traducións que Álvaro Cunqueiro realizou como coordinador do suplemento cultural "Letras" do Faro de Vigo, unha serie de poemas de autores inexistentes que Castro Buerger denomina "alófonos fantásticos" e que comenta no marco xeral do gusto cunqueiriano pola pseudonimia, posto que esas traducións aparecen asinadas por diversos pseudónimos do escritor mindoniense. O artigo conclúe coa reprodución das traducións ao galego deses supostos poemas suecos, daneses, islandeses, romaneses e italianos.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org