Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Catalán, Diego (1997)
"El romance de ciego y el subgénero romancero tradicional vulgar"
Arte poética del romancero oral. Los textos abiertos de creación colectiva: 1. pp. 325-362.
Madrid: Siglo XXI de España Editores.
cuestadelzarzal.blogia.com

Diego Catalán establece neste traballo as diferenzas entre o romanceiro tradicional e o romanceiro vulgar, tamén coñecido este como romanceiro de cordel ou de cego, dous xéneros da poesía narrativa popular confundidos con moita frecuencia, sobre todo en Galiza. Encanto o romanceiro tradicional se caracteriza pola súa apertura tanto no nivel da expresión como no nivel do contido, isto é polas súas variantes, que evidencian a sensibilidade e a ideoloxía da comunidade que o transmite, o romanceiro vulgar trátase dun xénero mais moderno, transmitido case sempre por homes, nacido nas cidades a finais do século XVI e difundido principalmente polos cegos que os vendían, e mesmo cantaban, e que ten como marcas o seu vocabulario florido, a súa sintaxe complexa, a visión estritamente narrativa dos temas, normalmente sobrenaturais ou truculentos, de que trata.

Porén, ambos os xéneros chegan a interferirse, sobre todo o romanceiro tradicional no romanceiro vulgar e, deste xeito, algúns poemas narrativos de cordel chegan a adquirir a propiedade máis característica da poesía tradicional: a apertura textual. Catalán exemplifica esta influencia a través de tres temas do romanceiro vulgar, La difunta pleiteada, Los presagios del labrador e La fraticida por amor, e ofrece un fragmento dunha versión galega do segundo destes romances. Por outra banda, Diego Catalán recorre ao testemuño dunha informante galega de Pedrafita (Lugo) para mostrar a natureza diferente dos dous xéneros.

 
catalan_1997_romance.pdf (.pdf 2.2 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org