Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Conferencia pronunciada durante o Congreso Curros Enríquez (Celanova, 2001). O relator comeza aludindo á memoria oral que sobre Manuel Curros circulaba en Vilanova dos Infantes e, a continuación, céntrase na recepción d'O Divino Sainete.  

Méndez Ferrín considera imprescindible entrar no tempo que configurou ideoloxicamente a Curros (o movemento revolucionario de 1854) e chama a atención sobre a intervención de Emilia Pardo Bazán pois "incentiva o Curros máis lírico ou aínda trivial". Fronte á escritora coruñesa, o poeta ourensán respondería en O divino sainete cunha defensa da literatura galega como literatura nacional.

O estudoso comenta o enfrontamento de Curros ao clero por razóns económicas (non de fe), compara as estratexias discursivas de Curros coas doutros autores europeos e remata indicando o valor d'O divino sainete por canto tende unha ponte aos modos estilísticos do século XX.

Bibliografía secundaria sobre:
Méndez Feijóo, Venancio; Soto Fernández, Luís; Ferreiro, Celso Emilio; Salgado, Manuela; Fernández Salgado, Sara; Fernández Salgado, Isaac; Nóvoa, Valentín de; A Virxe do Cristal; Angueira, Anxo; De rerum natura; Epicuro; Caro, Tito Lucrecio; Cruz, Juan de la; Hugo, Victor; Divina Comedia; Castro, Rosalía de; Reza, Xosé Benito; Curros, José María de; Marx, Karl; Engles, Friedrich; Revolución en España; Banquete de Conxo; Murguía, Manuel; Los precursores; Pondal, Eduardo; López Seoane, Víctor; Chao, Eduardo; Chao, Alexandre; Cánovas, Antonio; Sagasta, Práxedes Mateo; Suárez, Adolfo; González, Felipe; Pardo Bazán, Emilia; Aires da miña terra; Revista de Galicia; Fraga Iribarne, Manuel; El País; Cela, Camilo José; Gabriel y Galán, José María; Ortega y Gasset, José; Bugallal, Gabino; Riestra, José; Montero Ríos, Eugenio; Añón, Francisco; Vicetto, Benito; Lamas Carvajal, Valentín; Elices, Castor; Xan da Coba [Juan de la Cova y Gómez]; Brañas, Alfredo; Figueroa, Antón; Bourdieu, Pierre; Davies, Catherine; Cardwell, Richard A.; Wilcox, John C.; Valera, Juan; Menéndez y Pelayo, Marcelino; Otero Pedrayo, Ramón; Madoz, Pascual; Ríos Sánchez, Patrocinio; Igrexa Baptista; Bonaparte, Napoleón; Mendizábal, Juan; Delacroix, Eugène; Barreiro, Xosé Ramón; Pío IX; Quanta cura; Syllabus; León XIII; Aeternis Patris; Libertas Praestantissima; Rerum Novarum; Les miserables; Bakhtin, Mikhail; Payá y Rico, Miguel; López Ferreiro, Antonio; Rabelais, François; Romancero gitano; Alonso Montero, Xesús; Amado Carballo, Luís; Valle-Inclán, Ramón; Nietzsche, Friedrich; Salgado, Xosé Manuel.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org